DESCUBRINDO UN MUNDO MÁXICO A TRAVÉS DA PDI

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Valoración persoal


Din que todo comezo nunca foi fácil e menos cando algo é novo, e neste caso non podía ser menos, pero iso si, se das con persoas como coas que me  tocou no grupo de NT axuda bastante a que o camiño non se faga tan pesado .

Aínda que todas realizamos o ciclo de educación infantil, unicamente coñecía a dúas compañeiras de antes, e case de vista. Conectamos todas rapidamente moi ben e iso fixo que o traballo finalmente se realizase satisfactoriamente. Tíñamos claro que o traballo  o faríamos entre todas, nada de andar a repartir en trociños e que cada unha se encargase dunha parte e finalmente facer un corta e pega, posto que sabíamos que así non todas íamos saber facer todo. Con esta metodoloxía por suposto “perdemos” moitas máis horas e incluso as veces ata case a cabeza, pero agora que xa está  todo rematado, polo menos eu, alégrome de haber feito as cosas como as fixemos.
En xeral penso que o mellor que nos puido pasar é que no grupo non houbo problemas entre nós, aínda que non todas pensabamos igual soubemos como chegar a un consenso de forma pacifica e bastante rápida, e todas aportamos o noso granito de area na medida en que podíamos, axudándonos sempre que fixese falla.

Estou moi orgullosa do meu equipo e por suposto do noso traballo final!!


                                                                                                                            Inga Rodríguez Castiñeira

Valoración persoal

En canto ao desarrollo do traballo en grupo opino que todas realizamos unha moi boa labor posto que todas demostramos aplicación na realización do traballo, todas aportamos boas ideas, e ainda que non nos coñeciamos de nada sempre nos respetamos e chegamos a acordos. Creo que por todo iso nos podemos sentir satisfeitas da labor levada acabo desde o comezo ata o final da agrupación que rematou hoxe coa nosa presentación. Ademáis dicir que teño unhas compañeiras con moita imaxinación e moita disposición a hora de quedar e de facer o traballo da materia, ademais de sempre estar dispostas a axudar xa que gracias a elas aprendin moitas cousas.
Na realización deste traballo pasamos por moitas situacións o agobio por ver que non o iamos  lograr o obxetivo fixado, os risos que votamos na realización do video de presentación, os nervios pola exposición pero o fin e o cabo creo que podemos estar orgullosas do que realizamos.
Por último, creo que o traballar en grupo foi a mellor experiencia que puidemos ter, fomos un grupo cordial e foi unha forma facil de aprendin moito dunha maneira moi sinxela.

 Iris Rodríguez Besada

Valoración persoal

Persoalmente, para min, traballar en equipo é unha das mellores maneiras de realizar as tarefas xa que obtes diversos puntos de vista e variedade de ideas, ademais aprendes a traballar en grupo, a tomar decisións de forma consensuada e sobre todo a respectar a todos os membros do mesmo.
Naturalmente, traballar en grupo ten as súas ventaxas e inconvintes pero é necesario saber facelo posto que  se xurden problemas de incompatibilidade entre os membros, sexa pola razón que sexa, é necesario saber xestionalos. Por outro lado penso que, ó facelo, ademais de adquirir coñecementos referente á materia, complementarnos coas capacidades que posúe cada unha, etc. tamén adquirimos competencias referidas ás habilidades socias, que non son, nin moito menos, pouco importantes senón necesarias para vida en xeral, e sobre todo, de cara a un futuro laboral. 
Traballando xuntas aprendimos a tomar decisións en conxunto, a valorar e a ter en conta todas as ideas aportadas por cada unha de nós e, sobre todo, a potenciar a empatía xa que moitas veces tivemos que poñernos no lugar das demais.
Unha pequena aclaración que quero facer é que todas e cada unha de nos mostramos interese no noso proxecto e todas colaboramos de foma máis ou menos activa pero teño que decir que algunhas aportaron máis que outras, ben sexa polos seus coñecementos, polas súas capacidades, pola súa iniciativa ou pola súa capacidade de liderazgo. Neste sentido quero recoñecer que eu, persoalmente, non me manexaba moi ben co uso das TIC e costoume máis adaptarme a éstas que outras das miñas compañeiras e quizais por iso neste ámbito non aportei tanto como puideron aportar outras pero, a pesares de iso, considero que participei activamente xa que aportei moi boas ideas ó grupo, tiven iniciativa e impliqueime neste traballo, aínda que iso non quita que a miña labor se puidese mellorar.
E xa para rematar, en xeral, creo que realizamos un traballo exitoso, con isto non quero dicir que non sexa mellorable, pero creo que nos esforzamos moito e que conseguimos acadar os obxectivos establecidos, ademais de aprender os contidos da materia e, por riba de todo, considero que nos arriscamos moito coa temática elexida, que ao principio nos supuxo moitos problemas, pero que ó final soubemos resolver e, como non, innovar neste sentido.


Laura Silva Soage

Valoración persoal

Gustaríame dicir  que o traballo en grupo foi moi satisfatorio. O principio costoume adapatarme porque non coñecía a miñas compañeiras, pero a medida que foron pasando as semanas atopeime máis cómoda.
Comecei con moito medo neste proxecto pero o mesmo tempo con moita ilusión, xa que nunca tivera feito unha unidade didáctica a través dun soporte tecnolóxico, neste caso coa PDI .

A medida que pasaban os días entre todas fumos comprendendo e facendo unha gran labor, da que neste intres sentímonos moi orgullosas do resultado.

Tamén teño que dicir,  que tiven moita sorte co meu grupo de traballo, xa que tiveron iniciativa, aportaron ideas, e foron inxeniosas, pero o que máis me gustou de nós, que quero destacar é que sempre tivemos respeto entre todas, e así foi como logramos un bo ambente de traballo.

Ana Ríos Rodríguez 

Valoración persoal


En canto ao traballo en grupo foi unha experiencia satisfactoria, xa que cada membro do grupo tiña habilidades que nos complementaban unhas ás outras e,  polo tanto, aprendín das demáis.
Non houbo conflictos a hora de quedar, e en caso de que alguén non puidese, sempre traía traballo feito e polo tanto seguía aportando ao grupo aínda que non estivese presente. Creo que é necesario dicir que tamén se adquiriron outros valores; non so  unha boa organización, un respeto mutuo, comprensión e paciencia, senón que tamén naceu unha pequena amizade entre os componentes do grupo.
Como conclusión creo que aprendín das demais moitisimo, aínda que nun principio, non tivera tantos coñecementos sobre a asignatura como outros componentes; coa axuda das compañeiras e o meu esforzo conseguín aprender os contidos da materia. Se teño que pór un valor numérico ao grupo seria sobresaínte, xa que houbo sempre un bo ambiente.


Elsa Rodríguez Ríos

O poster e o informe da nosa unidade didáctica A maxia!

Aquí  deixamosvos o informe da nosa unidade didáctica A MAXIA e mailo poster. Esperamos que vos guste moito!





















Valoración persoal


¡¡Ola queridos magos e magas!!

A continuación vou a facer una valoración da miña experiencia de grupo neste cuatrimestre. As tareas a realizar foron diversas; creación do blogger e da webquest, tutoriais de aplicacións con ardora, edilim, Jclic, publisher, etc. Todas estas tarefas foron moi constructivas xa que algunhas delas non as coñecía a agora podo dicir que saberei empregalas nun futuro próximo.

En canto ao traballo en grupo teño que dicir que foi moi safisfactorio. Nun principio só coñecía a Laura, pero despois collín confianza có resto do meu equipo e así conseguimos un bó ambiente de traballo. En ningún momento surxiron conflictos, todas as inquedanzas que tivemos foron resoltas exitosamente. Creo que ó ser seis integrantes benificionounos en canto a resolución de dúbidas, aportación de ideas, á hora de compartir coñecementos, neste último sentido funcionamos moi ben porque algunhas tíñamos máis habilidades e coñecementos tecnolóxicas, por outro lado a creatividade e a imaxinación, a voluntariedade, a persoa coordinadora do traballo, tamén había quen se expresaba mellor á hora de redactar, etc. Con isto quero dicir que para min foi moi gratificante o traballo en grupo, unha cousa moi importante é que traballamos sempre dende o respeto mútuo, cousa que fixo que sempre tivésemos un bó espírito de grupo.

Por outra banda, dicir que miña opinión persoal sobre o resultado final do traballo é moi positiva, xa que hoxe puiden observar que todo o esforzo realizado durante estes meses viuse reflexado, con isto non quero dicir que non se poida mellorar, pero miñas compañeiras máis eu quedamos moi satisfeitas có resultado acadado e moi felices de habernos superado neste reto, xa que o principio tivemos moitas dudas sobre a temática elexida para a realización do proxecto; a maxia, posto que non encontrábamos a forma de levar a cabo as ideas que tíñamos, pero ao final conseguimos superarnos e saír adiante como boas MAGAS que somos.

E dende aquí quero dar as grazas a todas; Laura, Elsa, Inga, Ana e Iris, xa que fóchedes unhas moi boas compañeiras neste viaxe cheo de maxia, e mandarvos un bico enorme e tamén felicitarvos polo voso traballo.

¡¡SEGUIREMOS EN CONTACTO E ESPERAMOS TER PRONTO NOVAS!!

¡¡ATA PRONTO PEQUENOS APRENDICES DE MAGOS!!

Un bico enorme

Sara Rodríguez Alonso